Mostrando entradas con la etiqueta O CORPO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta O CORPO. Mostrar todas las entradas

viernes, 27 de septiembre de 2013

BRAIS TRAE UNHA SORPRESA, MÁIS ÓSOS

Hoxe chegou Brais cunha grande sorpresa á clase. A el gústanlle moito os animais e quíxonos ensinar o esqueleto dun dinosaurio. Teno coma un tesouro e estivo todo o tempo preocupado por se rompía, pero tratámosllo moi ben.




Moi chulo Brais. Moitas grazas por ensinárnolo. 

jueves, 26 de septiembre de 2013

DANIELA TROUXO UN ESQUELETO

Hoxe chegou Daniela cunha bolsa moi grande á clase. Foi toda unha sorpresa. Dentro da bolsa había unha caixa e dentro da caixa.....


ISTO

 
UN ESQUELETO DE MONTAR


 CON EL TRABALLAMOS HOXE OS DISTINTOS ÓSOS. QUE BEN OS IMOS COÑECER


GRAZAS DANIELA


miércoles, 25 de septiembre de 2013

O ESQUELETO

No primeiro tema de coñecemento do medio estamos aprendendo cousas sobre o noso corpo e comezamos co esqueleto. Aprenderemos o nome dalgúns ósos e das articulacións.

De momento vimos os ósos con este LIM.



E para rematar a sesión a profe púxonos este video.




Subido a www.youtube.com  por miescuelaimaginaria

martes, 24 de septiembre de 2013

TEMOS UN ESQUELETO NA CLASE

Aquí vos amosamos o noso esqueleto da aula. Está feito de papel e non nos mete medo ningún. Estará observando se aprendemos ben o nome dos nosos ósos e das nosas articulacións.


Por certo, chámase MAX.